FINAL DEL CIRCUÍTO DUACODE RFR 24

Artículos

Chega o Nadal e con él a IX RUN FOZ RUN NADAL 2024, a 11° carreira do circuíto de carreiras Duacode RFR24 e a derradeira que coroará aos gañadores/as desta edición. Unha edición chega con numerosas novidades e un programa repleto de diversión, deporte e familia. O evento presentouse oficialmente este martes 17 de Decembro ao que acudiron membros do equipo municipal, membros da directiva do Atletismo Ría de Foz e o presicente da ACIA e CCA de Foz. Destacaron a alta participación (perto dos 350 inscritos) e ambiente que se espera e un programa para todas as idades con actuacións máxicas, andaina popular, feira do corredor, talleres e xogos de mesa, carreiras populares para todas as idades e como colofón final unha gala cargada de trofeos, premios, sorteos e agasallos con catering final para os asistentes.


Para consultar a clasificación provisional do circuíto entra en www.runfozrun.com e se ainda queres inscribirte o prazo remata o 19/12. Podes facelo na web www.sportmaniacs.com

Un evento único o 22 de Decembro en Foz. Esperámoste! Bo Nadal!!!

#runfozrun #run #foz #atletismoriadefoz